divisio*
divisio*
s
f
[LIT]
Parte do exordium ou inicio do discurso oratorio, segundo a retórica clásica, na que se esboza de forma ordenada o plan que se debe seguir na posterior argumentación sobre un asunto. Facilita o seguimento do discurso por parte do público, aclarándolle desde o comezo os distintos puntos que se tratarán, de aí o valor que adquire a claridade e a rigorosidade na súa configuración. Así mesmo, axuda á memorización do texto por parte do orador. Tamén se refire a un procedemento que consiste na fragmentación ou separación dunha unidade silábica, técnica habitual na poesía como medio para modificar a medida dos versos.