dixestivo -va

dixestivo -va

(< lat dixestīvu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á dixestión.

    Ex: As glándulas dixestivas.

  2. adx

    Aplícase ao que axuda a facer a dixestión.

  3. aparato dixestivo

    Conxunto dos órganos que participan na dixestión. O aparato dixestivo é un tubo que normalmente ten dúas aberturas, unha para a entrada de alimentos e outra para a saída dos residuos non dixeridos. Durante a evolución, o tubo dixestivo sufriu unha diferenciación en rexións anatómicas e fisiolóxicas ben particularizadas. Deste xeito, nalgúns invertebrados e en todos os vertebrados, o aparato dixestivo consiste nun tubo con dous extremos, boca e ano, mentres que noutros invertebrados só presentan unha cavidade gastrular e un orificio único. Nos vertebrados, o aparato dixestivo ten unha estrutura constante na que se distinguen as seguintes rexións: boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso, que remata no ano. A rexión con máis variabilidade morfolóxica é o estómago, que ten función dixestiva grazas á síntese de zumes gástricos. Nas aves, o estómago está dividido en proventrículos e moegas. Entre os mamíferos o estómago máis destacable como complicado é o dos ruminantes, que se divide en catro rexións: rume, retículo, libro e calleira. O intestino delgado dos vertebrados é máis ou menos longo segundo o tipo de alimentación do animal, sendo máis longo nos hervíboros. Nos animais que non teñen enzimas celulósicos ou celulases existe unha dixestión bacteriana. Na especie humana ten unha lonxitude de 11 m.

  4. tubo dixestivo

    Conxunto de órganos que dixiren e absorben os alimentos.

Palabras veciñas

dixestibilidade | dixestible | dixestión | dixestivo -va | dixesto | Dixesto | dixestor