dixieland*

dixieland*
s m [MÚS]

Modalidade de jazz tradicional xurdido en Louisiana a comezos do s XX e practicado por músicos brancos, a imitación do estilo dos músicos negros de New Orleans. Executado por pequenos conxuntos instrumentais, caracterízase por unha polifonía improvisada polos instrumentos de vento. Emprega unha linguaxe melódica expresiva e harmonicamente moi simple.

Palabras veciñas

dixesto | Dixesto | dixestor | dixieland* | dixit(i/o)- | dixit- | dixitación