dixitación

dixitación

(< dixitar)

  1. s f

    Calidade do que é dixitado.

  2. s f

    Movemento dos dedos ao escribir nun teclado ou ao tocar un instrumento.

    Ex: Cómpre ter unha boa dixitación para tocar ben a guitarra.

  3. s f [MÚS]

    Indicación na partitura dos instrumentos que sinala, por medio de cifras, o dedo que se debe empregar en cada nota.

  4. s f [BOT]

    Cada un dos lóbulos das follas dixitadas.

  5. s f [ARTE]

    Decoración da cerámica que consiste en premer a xema dos dedos sobre a pasta fresca.

Palabras veciñas

dixieland* | dixit(i/o)- | dixit- | dixitación | dixitado -da | dixital | dixitálico -ca