dixitonina

dixitonina
Nome científico: [C<sub> 56</sub> H<sub> 92</sub> O<sub> 29</sub> ]
s f [QUÍM]

Composto dixitálico que se obtén das sementes do estraloque. É un po branco que funde a 255°C e que ten actividade cardiotónica. O produto comercial contén do 70 ao 80% de dixitonina, do 10 ao 20% de xitonina e tigonina, e do 5 ao 15% de saponinas menores. A dixitonina forma complexos equimocelulares co colesterol, propiedade que fai que se empregue para detectalo na bile, no plasma e nos tecidos.

Palabras veciñas

dixitígrado -da | díxito | dixito- | dixitonina | Díxitos | dixitoxina | díxome