Díxitos

Díxitos

Publicación trimestral aparecida en 1994 en Santiago de Compostela. Editada polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), está dirixida por Javier García Tobío e coordinada por Fernando Bouzas. Contou coa colaboración ocasional de José A. Souto, Juan J. Casares, Felipe Macías e C. Fernández Sánchez, entre outros. Como medio especializado en información de carácter científico, traballa en colaboración co CSIC, a Xunta de Galicia e as universidades galegas. Ademais de ofrecer datos sobre os novos sistemas de información xeográfica, a teleformación e a videoconferencia, a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e o emprego de ordenadores e supercomputadoras, atende as demandas dos departamentos de investigación e desenvolvemento (I+D) das empresas galegas.