Diyarbakir

Diyarbakir

Capital do il homónimo, Anatolia Oriental, Turquía, situada á beira do río Tigris (464.479 h [1996]). É un importante centro comercial e núcleo industrial. Os principais produtos cos que comercia son ouro, prata, artigos de pel e produtos téxtiles. Na agricultura destacan os cultivos de algodón, tabaco e froitas. Nos arredores da cidade hai importantes xacementos de cobre e carbón. Foi sé do patriarcado católico caldeo, denominado posteriormente Babilonia dos Caldeos. Do seu patrimonio cultural destacan a muralla que rodea a parte vella da cidade e a mesquita Ulu Camii.