Djindjic, Zoran
Político serbio. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Belgrado (1974), exiliouse en Alemaña (1977), onde traballou como profesor e ampliou a súa formación de filoloxía e socioloxía. Volveu a Iugoslavia como docente na Universidade de Novi Sad e vinculouse ao núcleo da disidencia serbia denominado Centro de Filosofía e Teoría Social de Belgrado (1985). Participou na refundación do Demokratska Stranka (11.12.1989), accedeu á Asemblea Popular nas eleccións serbias (1990) e gañou un escano na Cámara das Repúblicas (1992). Presidente do partido dende 1994, elaborou propostas de reformas políticas e económicas para Serbia, apoiou os Acordos de Dayton (1995) e intensificou as críticas ao réxime de S. Milosěvić. En 1996 estableceu unha alianza con Draskovic e Vesna Pesic para elaborar as listas conxuntas das eleccións federais iugoslavas e das municipais serbias. Elixido alcalde de Belgrado (21.2.1997), perdeu a alcaldía en setembro. Trala capitulación do país, o 10 de xaneiro de 2000 reuniu un conxunto de partidos na Demokratska Opozicija Srbije (DOS). Nas elecciones xerais de Iugoslavia de setembro de 2000 dirixiu a campaña do candidato do DOS, Vojislav Kostunica, quen acadou a vitoria, malia que foi necesario a saída dos seus partidarios á rúa para facerse co poder. Nas lexislativas de Serbia do 23 de decembro de 2000, converteuse en primeiro ministro serbio. Publicou, entre outras obras, Subxectividade e violencia (1984) e Iugoslavia, Estado inacabado (1987).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bosanski Samac, Bosnia -
Deceso
Lugar : Herzegovina