Djoser I

Djoser I

Segundo faraón da III dinastía (2737-2717 a C). Reinou dezanove anos, segundo o Canon dos reis de Turín. Enviou unha expedición ao Sinaí na procura de turquesas, trasladou a capital a Memphis, reforzou a unidade nacional ao unir os símbolos do norte e do sur na súa tumba e foi o primeiro faraón que construíu como tumba unha pirámide, a pirámide de chanzos de Sakkara.