Doble Cero

Doble Cero
[PUBLIC]

Revista bilingüe editada en Ourense polo colectivo Doblecero a partir de decembro de 1979. Subtitulouse “Palabra e imagen”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región e tiña unha tiraxe de 1.000 exemplares. Trátase dunha publicación que tentaba ofrecer un espazo a novos creadores no campo da literatura, da fotografía e das artes gráficas. Os artigos ían acompañados de fotografías en branco e negro. No campo literario, cómpre salientar algúns textos en lingua galega, como o titulado “A vella gramola”, de Francisco J. Fernández, e diversos poemas de Miguel Durán e Xavier Cuíñas.