1 dobra

1 dobra

(

  1. s f
    1. Parte dunha cousa que se dobra ou prega.

      Ex: Fíxolle unhas dobras ás mangas para remangarse.

      Sinónimos: dobrez. Confrontacións: dobradura, pregadura.
    2. Pregadura que se fai nos bordos dun tecido metendo unha parte da tea cara a adentro e coséndoa.

      Ex: Descoséuselle a dobra da saia.

  2. s f [LIT]

    Composición poética e musical dun número variable de versos, entre dous e trece, e cunha mesma rima que se repite do mesmo xeito en cada unha das estrofas que a compoñen.

  3. s f [XEOL]

    Ondulacións que sofren as rochas debido á presión exercida polas forzas laterais.

    Confrontacións: dobramento.
  4. s f

    loro.