2 dobra
(
-
[NUMIS]
Nome que recibe o dobre de calquera moeda de ouro, especialmente as musulmanas e castelás.
-
[NUMIS]
Nome que lle daban os cristiáns á moeda de ouro almohade que se empezou a cuñar a finais do s XII, cun valor de dous dinares e cun peso de 4,60 g. Adoitaba levar un cadrado central coa lenda en diversas liñas.
-
[NUMIS]
Moeda castelá de ouro emitida no s XIII por Fernando III o Santo (1230-1252), de peso e lei (23 3/4 quilates), similar ao dinar almohade. Dende a súa aparición, converteuse na unidade básica do sistema monetario castelán durante os ss XIV e XV. En tempos de Xoán II (1406-1454) a súa lei rebaixouse. Baixo os reinados de Enrique IV e dos Reis Católicos, a moeda de ouro volveu ao peso e á lei iniciais. Recibiu tamén os nomes de enrique, castelán ou medio excelente.