dobrete

dobrete

(< dobre)

  1. s m
    1. Feito de facer ou conseguir algo dúas veces.

    2. Conxunto de dous triunfos que un deportista ou equipo acada en dúas probas distintas dunha mesma competición.

      Ex: Conseguiu o dobrete nos Xogos de Seúl ó gañar as carreiras de 100 e 200 m.

    3. Feito de acadar un equipo deportivo na mesma tempada dous títulos oficiais, polo xeral os que se disputan no mesmo ámbito territorial con distintas fórmulas de competición, como, por exemplo, un campionato nacional de liga e outro de copa.

    4. [ESPECT]

      Representación de dous ou máis personaxes diferentes nunha mesma obra teatral, ou actuar ao tempo en dúas obras distintas.

    5. Facer caer ou matar dúas pezas de dous tiros consecutivos de escopeta.

  2. s m [LING]

    Cada unha das dúas solucións, xeralmente diferenciadas, que coexisten nunha lingua, a partir dunha única orixe etimolóxica. Nas linguas románicas trátase normalmente dunha palabra patrimonial e dun posterior préstamo culto do latín ou do grego (lat CATHĔDRA > cadeira [patrimonial] e cátedra [culta]). O dobrete pode ser sintáctico ou fonético, dependendo de se a alternancia das dúas solucións se debe ao contexto ou ao estilo. OBS: Tamén se denomina parellas léxicas.

  3. [FÍS]
    1. s m

      Parella de estados estacionarios que teñen o mesmo momento angular orbital e o mesmo spin, pero que se diferencian no seu momento angular total e, polo tanto, na súa enerxía, polo que presentan diferentes axustes spin-órbita.

    2. s m

      Parella de partículas fundamentais que teñen masas lixeiramente diferentes, cargas diferentes e o resto de características iguais.

    3. s m

      Parella de liñas moi próximas nun espectro, como, por exemplo, as dúas líneas D do espectro do sodio, situadas nas lonxitudes de onda 5.890 e 5.896 Å.

    4. dobrete acromático

      Sistema utilizado en óptica, formado por dúas lentes delgadas, achegadas, no caso do dobrete adaptado, ou separadas, no caso de dobrete desadaptado, deseñado co fin de alcanzar o acromatismo. Emprégase xeralmente en oculares.

    5. dobrete electrónico

      Parella de electróns que enlazan, nalgunhas moléculas, dous átomos.

  4. s m [XOGO]

    Xogada de billar que consiste en facer que a bóla coa que se xoga, despois de tocar nunha soa banda, vaia ao lugar oposto de onde estaba.