Docampo Amoedo, Domingo
Matemático. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela en Matemáticas (1984), é catedrático dende 1992 no departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións. Rector, dende 1998, da Universidade de Vigo. En 1990 e 1995 foi profesor visitante da University of New Mexico. Foi nomeado secretario en Europa do International Science and Tecnology Educational Consortium (ISTEC), dende a súa constitución en 1990, e presidente da Fundación Empresa-Universidade de Galicia (FEUGA) dende 1998. Entre os seus logros no campo da transferencia tecnolóxica destaca o de acadar para a Universidade de Vigo a primeira rede telemática en cooperación con universidades de Latinoamérica. Entre as súas máis de 30 publicacións, cómpre salientar os libros: Intelligent Methods in Signal Processing and Communications (Métodos intelixentes no procesamento do sinal e comunicacións, 1997), Análisis Espectral (1997), Señales y Sistemas Discretos (1998) e Desarrollo y evaluación de un sistema de cineantropometría (1998). Foi nomeado Socio de Honra da Asociación Galega de Enxeñeiros de Telecomunicación en outubro de 1998, e Profesor Emérito da Universidad Tecnológica Equinocial de Quito en agosto de 2000.
Cronología
-
Deceso
Lugar : dondela