dodecafonismo

dodecafonismo

(

s m [MÚS]

Sistema musical ideado por Arnold Schönberg na década dos anos vinte do s XX, que consiste en estruturar cada obra musical sobre unha serie de doce sons, as notas da escala cromática, presentados nun só golpe e nunha orde determinada polo compositor. Significa a disolución do sistema tonal clásico e rexeita as leis que rexían a tonalidade e mais a harmonía. A serie pode ofrecer catro modalidades: orixinal, retrógrada, invertida e retrógada invertida. Os principais compositores dodecafónicos foron o propio Schönberg, A. Berg, E. Krenek e A. Webern.