Dodro, Santa María de

Dodro, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Dodro. A primitiva igrexa ampliouna Simón Rodríguez, quen por orde do arcebispo Luís de Salcedo Azcona realizou as trazas en 1719, pero as obras non comezaron ata 1738. A reforma da capela maior sufragouna o convento mercedario de Santa María de Conxo. No interior destaca o retablo maior, obra de Manuel Leis, e estruturado en dous corpos. No exterior conserva un estilo moi austero, con grandes contrafortes e unha torre campanario de planta cadrada.