doente
doente
(
-
adx e s
Que ou quen padece unha doenza ou enfermidade.
Ex: Non puido ir traballar porque estivo doente dos bronquios. A sala de espera estaba chea de doentes.
-
adx
Que ten a rabia ou hidrofobia.
Ex: Tiveron que sacrificar un can doente.
-
adx
Que ten carraxe ou está anoxado.
Ex: Desde que por fin o botaron do traballo anda doente e berra con todo o mundo.
-
adx
Que se impacienta ou perde a paciencia por algo.
Ex: Ponse doente cando ten que esperar por nós.
-
adx
Que devece por algo ou que o desexa con afán.
Ex: Xulia anda doente por unha moto nova, pero non lla van mercar.
-
adx
Que está moi excitado sexualmente.
Ex: Levaron a vaca ó boi porque xa estaba doente. Ese veciño teu sempre anda doente.
Sinónimos: quente.