doela
(< fr antigo douelle,diminutivo de doue)
-
s
f
Cada unha das táboas que forman o corpo dun barril ou dun recipiente semellante e que se manteñen unidas con aros.
Ex: Na adega hai unha pipa de trinta olas feita con doelas de carballo.
-
[ARQUIT/CONSTR]
-
s
f
Pedra labrada en forma de cuña que configura, xunto con outras, un arco ou unha bóveda.
-
s
f
Superficie do intradorso ou do extradorso das pedras dun arco ou bóveda.
-
doela de forca
Doela que está situada nun ángulo da bóveda de aresta e que, nas dúas caras contiguas, forma unha ligazón.
-
doela de gatillo
Doela que fai ligazón co conxunto dos perpiaños horizontais do muro no que está situada.
-
s
f
-
s
f
[CONSTR]
Cada unha das táboas que se colocan sobre as vigas do tellado para suxeitar as tellas.
-
s
f
[CONSTR]
Cada un dos perpiaños que forman as paredes do hórreo de pedra.
-
s
f
Sabor que toma o viño do recipiente no que está metido.
Ex: O viño da voda non se tragaba, tiña moita doela.