dogma

dogma

(

  1. s m
    1. Principio fundamental ou verdade universal e indiscutible que se afirma como tal.

      Ex: As teorías de Darwin derrubaron moitos dogmas científicos.

      Confrontacións: axioma, regra.
    2. Calquera cousa que se afirma ou se cre de maneira indiscutible.

      Ex: Cando eran nenos o que dicía o mestre era un dogma para eles.

      Confrontacións: axioma.
  2. s m [RELIX]

    Formulación doutrinal dunha verdade relixiosa, proclamada pola Igrexa mediante o maxisterio ordinario universal, ou dunha definición solemne, como revelada por Deus. Como tal, é obxecto de fe divina e católica, e comporta pois, obrigatoriedade eclesiástica e canónica. A teoloxía tradicional distingue entre dogmas xerais, verdades fundamentais do cristianismo, que hai que crer explicitamente para acadar a salvación, e dogmas especiais, artigos de fe que reclaman só un asentimento implícito. Por outra parte, distínguense os dogmas propiamente ditos, misterios en sentido estricto, dos que son alcanzables para a razón. O concepto de dogma non se converteu en termo técnico ata entrada a Idade Moderna. A distinción entre dogma formal e simple doutrina da Igrexa deuse no s XVI. Esta distinción serviulle de fundamento á teoloxía da controversia, de oposición á reforma e, máis tarde, de defensa ante a crítica á que foi sometida a fe cristiá. Pola súa parte, a reforma mantivo durante o seu período de ortodoxia, practicamente ata o s XVIII, os dogmas da Igrexa antiga, pero remarcou ao mesmo tempo o aspecto fiduciario da fe. Isto inspirou o liberalismo protestante do s XIX, por exemplo Schleiermacher, Ritschl e Von Harnack vían o dogma como construción do home posterior ao mesmo feito relixioso, e aboca na crise modernista. Dogmas como o da Inmaculada Concepción, o da Asunción e o da infalibilidade pontificia poden suscitar tamén o problema da licitude de enunciados dogmáticos, cunha base que non se puido atopar explicitamente na Biblia.

  3. s m

    Conxunto dos principios ou verdades fundamentais dunha doutrina

    Ex: As súas ideas son contrarias ó dogma do partido ó que pertence.

    Sinónimos: dogmática. Confrontacións: regra.