Doherty, Peter C.

Doherty, Peter C.

Médico e científico australiano. Licenciouse na University of Queensland (1966) e doutorouse na University of Edinburgh (1970). Dende 1963 ata 1988 desenvolveu a súa actividade científica en distintos centros de investigación como a John Curtin School, na que traballou con Rolf M. Zinkernagel sobre o papel dos linfocitos T na destrución de células infectadas por virus. Dende 1988 dirixe o departamento de Inmunoloxía do St. Jude Children’s Research Hospital en Memphis. En 1996 outorgóuselle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con Zinkernagel, polos seus traballos sobre o sistema inmunolóxico.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Brisbane