Dokuchaev, Vasilij Vasil’evič

Dokuchaev, Vasilij Vasil’evič

Xeólogo e naturalista. Asentou as bases da edafoloxía e da agronomía, e apuntou a primeira clasificación dos solos. Principiou as súas investigacións nos solos de tipo chernozem, en Ucraína, nos que descubriu que presentaban un perfil semellante, independentemente do substrato sobre o que se desenvolvese, o que permitiu demostrar que a edafoxénese dun solo está determinada principalmente pola vexetación que, á súa vez, está especialmente condicionada polo clima reinante. Deste xeito, en 1895 estableceu que os solos se desenvolven como resultado da interacción de cinco factores: o substrato de partida, o clima, os organismos, o relevo e o tempo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Milinkov, Smolensk

  • Deceso

    Lugar : San Petersburgo