Döllinger, Johan Joseph Ignaz von
Döllinger, Johan Joseph Ignaz von
Eclesiástico, teólogo e historiador. Ordenado sacerdote en 1822, exerceu como profesor de historia da Igrexa e dereito eclesiástico na Universität München. Representante da universidade no Parlamento bávaro entre 1845 e 1852, destacou como un dos líderes do Partido Católico. Reticente ante o centralismo romano, defendeu que a soberanía temporal non formaba parte dos elementos definitores do papado e opúxose á infalibilidade pontificia, polo que foi excomungado en 1871. Continuou a súa carreira académica e foi elixido presidente da Bayerische Akademie der Wissenschaften (1873). Entre as súas obras destacan Die Reformation (A reforma, 1846-1848) e Der Papst und das Konzil (O papa e o Concilio, 1870).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bamberg -
Deceso
Lugar : Múnic