Dollond

Dollond

Familia inglesa de ópticos e construtores de aparellos de precisión. John Dollond (1706-1761) construíu o primeiro obxectivo acromático para lentes astronómicas e unha variada gama de compostos oculares. Peter Dollond (1730-1820) construíu un micrómetro de cuarzo e diversos modelos de lentes con retícula. George Dollond (1774-1852) inventou un instrumento para medir ángulos acimutais e un heliómetro. Foi membro da Royal Society en 1819 e un dos fundadores da Royal Astronomical Society.