Dolmen

Dolmen
[PUBLIC]

Revista publicada en Ourense en 1994 e editada polo grupo Dolmen. No seu primeiro e único número, publicouse un monográfico titulado “Homenaxe aos poetas: Víctor Campio Pereira. Eduardo González Ananín”, no que se inclúen varios estudios e unha escolma de poesía de Manuel Blanco Luís, Teresa Devesa, X. Alonso Montero, Marifé Santiago e Ramón Cao. Ademais, inseríronse poemas en homenaxe a Chus Pato, Pura Vázquez e Manuel Blanco Luís.

Palabras veciñas

dolmen | Dolmen | Dolmen | Dolmen | dolménico -ca | Dolni Věstonice | dolo