Domagk, Gerhard
Domagk, Gerhard
Patólogo e bacteriólogo. Licenciouse en Medicina na Kiel Universitat en 1921. En colaboración cos químicos F. Mietzsch e J. Klarer, realizou unha investigación sistemática sobre as propiedades terapéuticas dunha serie de novos compostos azo sintetizados. O informe que publicou en 1932 sobre os efectos antibacterianos do prontosil inaugurou a era da terapéutica química na medicina. Ademais dos traballos sobre o tratamento das infeccións agudas, efectuou un conxunto de investigacións sobre a tuberculose e o cancro. Concedéuselle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1939 polo descubrimento dos efectos antibacterianos do prontosil.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lagow -
Deceso
Lugar : Burgberg