Domesday Book
Domesday Book
Compilación catastral feita en Inglaterra por orde de Guillerme o Conquistador (1027-1089) no 1086. Contiña unha descrición detallada da distribución e do valor das propiedades. Empregouse para fixar os dereitos fiscais do rei e achegou importante información para estudar a historia agraria da Inglaterra medieval.