domesticación

domesticación

(< domesticar)

  1. s f

    Acción e efecto de domesticar.

    Ex: A domesticación dese tigre logrouse nun tempo insuperable.

    Confrontacións: amansamento, doma.
  2. s f [ZOOL]

    Paso do estado salvaxe ao estado doméstico dalgúns animais pola acción do home. Este proceso veu dado polos intereses humanos de obter especies domésticas para alimento, servicio, compañía, vestimenta, etc, e comezou polo menos hai once mil anos. As diferentes razas dunha especie doméstica proveñen sempre dunha ou de varias especies salvaxes.