doméstico -ca
doméstico -ca
(< lat domestĭcu < lat dŏmus‘casa’)
-
adx
Relativo ou pertencente á casa ou ao fogar.
Ex: Como ela traballa, dos asuntos domésticos encárgase o marido.
-
adx
Aplícase ao animal que se cría a carón do home.
Ex: Os cans son animais domésticos.
-
s
Criado que serve nunha casa.
-
s
m
[DEP]
Membro dun equipo ciclista que, nas carreiras de fondo en estrada, ten a misión de auxiliar os compoñentes máis destacados do seu grupo para incrementar as súas posibilidades de vitoria.
-
prelado doméstico
[RELIX]
Eclesiástico ao servizo persoal do papa ou que recibe este nome como título honorífico.