Domiciano, Tito Flavio
Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta e, ao seu regreso a Roma, acusou o Senado e a aristocracia romana de instigadores (93). Morreu asasinado, víctima dunha conspiración palaciana na que participou a súa muller, Domitia Longina.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma