Domínguez Benavides, Manuel
Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1916. Despois de traballar como funcionario de Facenda, trasladouse a Barcelona, onde exerceu como tradutor e guionista cinematográfico. Posteriormente, marchou a Madrid á redacción de El Liberal. De aí pasou a elaborar Estampa, a revista de maior difusión da época. Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi encarcerado na revolución de outubro de 1934. Unha vez en liberdade, marchou a París ata que decidiu regresar a España para axudar á recuperación da República. Co inicio da Guerra Civil exiliouse en México, onde foi secretario de redacción da revista Reconquista de España. Escribiu as novelas Lamentación (Premio de novela Gregorio Pueyo, 1922), En lo más hondo, Cándido, hijo de Cándido, Un hombre de treinta años (1933), El último pirata del Mediterráneo (1934), Los nuevos profetas (1942), La escuadra la mandan los cabos (1944), Guerra y revolución en Cataluña (1946), e as pezas teatrais El protagonista de la virtud (1930), premiada por ABC e estreada en abril dese ano, e El hombre, la mujer y el diablo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ponteareas -
Deceso
Lugar : México