Domínguez de Estivada, Antonio

Domínguez de Estivada, Antonio

Escultor. Activo entre 1756 e 1790. Foi autor de diversos retablos, entre os que destacan o maior (1756) e o da capela do Rosario (1757) en San Domingos de Ortigueira, e o retablo maior da confraría do Rosario na igrexa de San Domingos en Santiago de Compostela (1767). Dende 1770 traballou no retablo da igrexa monacal de Santa María de Sobrado, segundo as trazas de Luís de Lorenzana, aprobadas pola Real Academia de San Fernando, pero foi substituído por Manuel Álvarez. Con Francisco de Lens realizou os retablos colaterais de Santa María de Dodro (1771), nos que as imaxes debían ser esculpidas por Xosé Gambino ou por Antonio Fernández. En 1790 realizou o retablo maior de San Francisco de Ferrol, no que destacan as tallas atribuídas a Xosé Ferreiro. Realizou tamén o monumento ao Xoves Santo trazado por Miguel Ferro Caaveiro para a igrexa de Santo Andrés en Santiago de Compostela.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela