dominó

dominó

(< fr domino)

  1. s m
    1. Xogo practicado con 28 fichas rectangulares divididas en dúas partes iguais; cada unha desas partes leva marcados de 0 a 6 puntos, tendo en conta todas as combinacións posibles dende o dobre branco (cero puntos) ata o dobre seis. Gaña o xogador que, facendo diversas combinacións antes, se desfai das súas fichas ou o que ten menos puntos cando se pecha o xogo.

    2. Conxunto de fichas que se usan para este xogo.

      Ex: Merquei un dominó na tenda e tíveno que cambiar porque traía fichas de menos.

  2. s m
    1. estido talar con carapucha usado como disfrace.

      Ex: Pediu prestado un dominó para o entroido.

    2. Persoa disfrazada con este traxe.

Palabras veciñas

dominio | dominio | dominion* | dominó | Domino, Antoine | Domino, Fats | Domitila