dominio
(
-
Conxunto dos territorios que formaban parte do Imperio Británico e que accederon ao pleno autogoberno, tanto no que respecta aos asuntos de índole interna, como nos da súa política exterior, aínda que manteñen como xefe do estado nominal o soberano do Reino Unido. Pouco a pouco accederon á independencia, recoñecida de feito polos estatutos de Westminster de 1931. Dende 1977 este termo substituíuse polo de membros da Commonwealth.
-
s
m
Acción de dominar ou dominarse.
Ex: Os reis tiñan un dominio absoluto sobre os seus súbditos. Co ioga conseguiu o completo dominio de si mesmo.
Sinónimos: control, dominación. -
[DER]
-
s
m
Plenitude de facultades legalmente recoñecidas sobre unha cousa material. Permite ao seu titular gozar e dispoñer dunha cousa sen máis limitacións ca as establecidas polas leis.
-
dominio absoluto
Plenitude dos atributos que as leis lle recoñecen ao propietario dunha cousa para dispoñer dela.
-
dominio directo
Dominio que se reserva a quen cedeu un inmoble a censo de por vida ou enfiteuse, ou outro título semellante, de xeito que a propiedade non pode ser vendida sen o seu permiso.
-
dominio medio
Dominio que se reservaba á enfiteutam que consistía en doar a propiedade en subenfiteuse para converterse en señor medio. Este dereito podía exercitalo tamén o enfiteuta mediano e o seguinte.
-
dominio público
Conxunto de bens e dereitos, propiedade dos entes públicos que, directa ou indirectamente, se destinan para o uso de todos ou para a prestación dun servicio público, e que se someten a un réxime xurídico especial de propiedade. Estes bens son a zona marítima terrestre, as praias e os recursos naturais, entre outros. É inalienable, polo que para poder ser enaxenado debe ser desafectado; tamén é imprescritible e inembargable.
-
dominio útil
Conxunto de facultades de uso, gozo e outros dereitos, que ten aquel que recibe unha propiedade en enfiteuse ou un título semellante.
-
s
m
-
-
s
m
Terra da que se posúe a autoridade ou a propiedade.
Ex: O seu dominio abarcaba todo o val.
-
s
m
[DER]
Territorio que un soberano ou un Estado ten baixo o seu poder.
-
s
m
[BOT]
División fitoxeográfica equivalente a provincia.
-
s
m
[HIST]
Grande explotación agrícola que constituía unha das partes nas que se dividían os territorios feudais, base da organización económica do réxime señorial. A orixe está no proceso de abandono das cidades por parte da aristocracia romana dende o s III, que se estableceu nas grandes posesións rurais e as dirixiu sen ningún tipo de control. Dende o s VII iniciouse un descenso da escravitude en Occidente, básica para o traballo nas grandes explotacións agrícolas, que se substituíu pola figura do colono, que aparecera durante o Baixo Imperio Romano. No marco do dominio convivían dous grupos de traballadores diferenciados: os colonos e os escravos. Os colonos formaban a maior parte da poboación rural e caracterizábanse por estar adscritos á propiedade e, dun xeito persoal, ao señor da terra, aínda que tiñan personalidade xurídica propia e podían participar na vida pública. Debíanlle ao señor, entre outros, censos, servicios, traballos na reserva e transportes. Os escravos definíanse pola limitación da súa liberdade e podían cultivar un predio do dominio ou ben encargarse dos traballos domésticos na casa do señor. Os grandes dominios territoriais da Europa Occidental orientáronse cara á produción de cereais e, en menor medida, á de vides e pastos para a gandería. A implantación do sistema feudal dende a época carolinxia (s IX), supuxo a substitución das explotacións vinculadas ao sistema escravista por unha nova unidade produtiva: o feudo. Este dividíase normalmente en tres partes: o dominio, a terra común e o manso servil. O dominio feudal estaba formado pola parte das terras reservadas en exclusiva ao señor feudal, traballadas polos servos mediante o sistema das corveas e das que recibía a produción íntegra.
-
dominio climácico
[BOT]
Territorio no que a vexetación tende a un mesmo clímax.
-
s
m
-
s
m
Campo dunha ciencia ou dunha actividade intelectual ou artística.
Ex: É unha das teorías máis completas dentro do dominio da física aplicada.
Sinónimos: eido, rea. -
s
m
Coñecemento exhaustivo de certa disciplina ou habelencia especial no funcionamento de determinado aparato.
Ex: O seu dominio das matemáticas deixou abraiado a todo o mundo. O rapaz tiña un gran dominio da bicicleta.
Confrontacións: control. -
s
m
[BIOQ]
Cada unha das rexións particulares dentro da estrutura terciaria dunha proteína, que ten as características dunha proteína globular pequena e que cumpre funcións específicas. Os diferentes dominios dunha proteína están unidos por pequenas cadeas polipeptídicas, feito que lle permite unha certa mobilidade á estrutura.
-
dominio de definición
[MAT]
Conxunto no que toma os valores a variable independente dunha función, é dicir, puntos nos que está definida a función.
-
dominio de integridade
[MAT]
Anel conmutativo con unidade e sen divisores de cero ou, doutro xeito, onde se pode aplicar a lei de simplificación (se a, b son dous elementos calquera de A e c é un terceiro elemento de A diferente de cero, ac=bc se e só se a=b).
-
dominio espectral
[FÍS]
Parte do espectro dunha radiación electromagnética e, en xeral, parte dun espectro.
-
dominio ferromagnético
[FÍS]
Cada unha das rexións dun sólido ferromagnético caracterizadas por unha mesma orientación de todos os dipolos atómicos que contén. No interior dos sólidos ferromagnéticos obsérvanse unhas pequenas rexións, os dominios, dentro dos que todos os dipolos están orientados nun mesmo sentido. A orientación dos distintos dominios no sólido prodúcese segundo as leis clásicas e é antiparalela; o momento magnético total dun sólido ferromagnético é nulo. Unha mostra corrente dun material ferromagnético contén milleiros de dominios.
-
[LING]
-
Coñecemento profundo dunha lingua que se manifesta tanto na súa análise coma no seu uso.
-
Campo da realidade extralingüística á que se refire un campo semántico.
-
Campo de aplicación dunha regra dentro da morfosintaxe.
-
FRAS: Ser de dominio público. Ser unha cousa coñecida por todo o mundo.
Territorio no que se fala unha lingua ou un dialecto.
-
Frases feitas
-
Ser de dominio público. Ser unha cousa coñecida por todo o mundo. Ex: Era de dominio público que Xan se dedicaba ao contrabando.
Refráns
- O boi, pola corda; e o home, pola boca.
- O home, pola parola; e o boi, pola corda.
- Quen non é dono de si, non é dono de nada.