Domon, Ken
Fotógrafo xaponés. Principiou os estudios de pintura na Universidade de Toquio. Entre os anos 1933 e 1935 traballou como aprendiz de Kotaro Miyauchi na Escola de Belas Artes de Toquio. Ata 1945 colaborou nos estudios Nihon Kobo. Posteriormente, comezou a desenvolver a súa actividade como fotógrafo independente e en 1950 fundou o grupo Shudan Photo, co que realizou exposicións da obra de coñecidos fotógrafos occidentais, como Cartier-Bresson, Bourke White, Brandt, Penn e Smith. O seu traballo documental da antiga arquitectura e escultura xaponesas influíu en numerosos creadores. A nivel internacional, ademais das súas colaboracións para revistas e libros, coñécense as súas imaxes das víctimas da bomba de Hiroshima, retratos que foron expostos na mostra Hiroshima Vitims, celebrada en 1968. Recibiu os premios Photographic Culture (1942), Minister of Education Award of the Arts (1959) e Kan Kikuchi (1971), entre outros. A súa obra está espallada en museos de todo o mundo, dos que destaca o MOMA de Nova York.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sakata, Yamagata