Don Gaiferos

Don Gaiferos

Publicación bilingüe aparecida na Coruña a partir de setembro de 1982 e subtitulada “Boletín de información musical”. Editada por RUADA SA, incluíu artigos dedicados á música pop, á clásica e de vangarda, e formas tradicionais e populares. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Entrevistas”, “Noticias breves” e “Novedades discográficas”. Contou coa colaboración de Xavier Vázquez, Margarita Soto, Aurea Sánchez e Moncho Varela. Distribúese gratuitamente entre os conservatorios de música, as agrupacións culturais e musicais, os profesores de música, as tendas discográficas, os centros galegos no exterior e os medios de comunicación.