Donapetry Iribarnegaray, Xoán

Donapetry Iribarnegaray, Xoán

Escritor, farmacéutico e político. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1911), doutor en Farmacia pola Universidad de Madrid e licenciado en Químicas pola Universidad de Oviedo (1919). Foi presidente do Colegio de Farmacéuticos de Oviedo, subdelegado de farmacia, deputado (1924-1927) e cronista oficial de Viveiro dende 1946. Colaborador de España Farmacéutica, Revista General de la Marina, Boletín de la Real Academia Gallega e Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, cultivou os temas históricos. Entre as súas obras destacan Juan Dutton y sus descendientes (1952) e Historia de Vivero y su concejo (1953). Membro correspondente da Real Academia Galega, en 1936 recibiu o Premio Carracido polo seu labor científico.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Viveiro

  • Deceso

    Lugar : Oviedo