Donbass

Donbass

Rexión hulleira situada entre as repúblicas de Ucraína e de Rusia, na conca setentrional do Don (23.000 km2). Ademais dos grandes depósitos de carbón, hainos de sal e de mercurio, e atopáronse outros de petróleo e gas. Todo isto favorece unha importante industria siderometalúrxica, química e mecánica. Os centros principais son Donets’k, Kommunarsk e Makejevka. Os depósitos de carbón descubríronse arredor do 1721 e comezaron a ser explotados a comezos do s XIX.