Dongen, Kess van
Dongen, Kess van
Pintor holandés. Estableceuse en París en 1897 e nacionalizouse francés en 1929. Foi membro do grupo fauvista (1906) e en 1908 expuxo cos expresionistas alemáns do grupo Die Brücke. Nas súas viaxes por Europa estivo en España, onde realizou, entre outros, o retrato Juana la Macarrona (1910) e participou na Exposición Internacional de Pintura y Escultura de Bilbao (1919). Creou unha obra chea de cor e gran forza expresiva, con escenas do music hall, retratos femininos e personaxes da alta sociedade parisiense e paisaxes. Entre outras destacan O vello Clown (1906) e Dona das xoias (1908). Colaborou, entre outras publicacións, en Rotterdamsche Nieuwsblad e Revue Blanche.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Delfshaven -
Deceso
Lugar : Montecarlo