Donnadieu, Marguerite

Donnadieu, Marguerite

Novelista. As súas novelas La vie tranquille (A vida tranquila, 1944), Un barrage contre le Pacifique (Un barco contra o Pacífico, 1950), Le marin de Gibraltar (O mariñeiro de Xibraltar, 1952) e, sobre todo, Moderato Cantabile (1958) tratan de contar, de maneira aparentemente informal pero con rigor clásico, a excepcionalidade dun momento. Con Hiroshima mon amour (Hiroshima meu amor, 1960) iniciou unha serie de obras onde manexa as técnicas do teatro, da pantalla e da novela, entre as que figura L’amant (O amante, 1984), premio Goncourt, froito dunha segunda versión posterior (1992). Publicou un libro de artigos Outside (Fóra, 1984) e numerosas obras de teatro. Algunhas das súas obras foron levadas ao cine ou ao teatro, como Moderato Cantabile, Hiroshima mon amour, Dix heures et demie du soir en êté (As dez e media da tarde no verán), Le square (A praza, 1956), Des journées entières dans les arbres (Días enteiros nas árbores, 1965), Suzanne Andler (1968), Edén-cinéma (1971), India Song (Canción india, 1972) ou L’amant (O amante).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gia Dinh, Indochina

  • Deceso

    Lugar : París