Donoso Yáñez, José
Escritor. Estudiou no Grange School, no Instituto Pedagógico da Universidad de Chile e literatura na Universidade de Princeton. Obtivo a bolsa Guggenheim e foi conferenciante e profesor visitante, sobre todo en universidades dos EE UU. Despois dunha época na que residiu en España, regresou ao seu país e dirixiu un taller literario de grande importancia para o desenvolvemento da nova narrativa chilena. Colaborador nas revistas Ercilla, Siempre e no periódico El País, da súa produción narrativa destacan Veraneo y otros cuentos (1955), Dos cuentos (1956), Coronación (1957), El charlestón (1960), Este domingo (1966), El lugar sin límites (1967), El obsceno pájaro de la noche (1970), Tres novelitas burguesas (1973), Casa de campo (1978), La misteriosa desaparición de la marquesita de Loria (1980), El jardín de al lado (1981), La desesperanza (1986), Donde van a morir los elefantes (1995), Conjeturas sobre la memoria de mi tribo (1996) e El mocho (1997); e, no campo do ensaio, Historia personal del boom (1972). Membro da Academia Chilena de la Lengua, entre outras distincións recibiu o Premio William Faulkner (1962), o Premio Nacional de Literatura (1990), o Premio da Crítica en España, o Premio Mondello en Italia, o Premio Roger Caillois en Francia, a Condecoración Gabriela Mistral (1995) e a Gran Cruz del Mérito Civil (1995), outorgada polo goberno de España.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Chile -
Deceso