dopamina
dopamina
(
s
f
[BIOQ]
Neurotransmisor do sistema nervioso vexetativo simpático, do grupo das catecolaminas, derivado do aminoácido tirosina. É o precursor inmediato da noradrenalina. Orixínase nas células nerviosas a partir da dopa e está en concentración elevada na parte media do hipotálamo e no corte pituitario. Crese que está relacionada coa función motora, posto que na enfermidade de Parkinson o contido de dopamina é o 50% do normal.