dopar
(< ingl to dope ‘drogar’)
-
v t
Administrar a unha persoa ou animal substancias antirregulamentarias con efectos estimulantes ou narcóticos para aumentar o seu rendemento físico, especialmente en competicións deportivas.
Ex: O adestrador dopou parte do seu equipo para gañar a competición.
-
v t
[FÍS]
Engadir pequenas cantidades de impurezas mediante distintos procedementos a un semicondutor intrínseco co fin de modificar as súas propiedades, de xeito que se converta en extrínseco. Se este procedemento se fai con doadores, o semicondutor obtido é do tipo n, mentres que se se fai con aceptores, é do tipo p. Ao inicio dos dispositivos de estado sólido, as unións obtíñanse mediante a fabricación de aliaxes dun metal cun semicondutor. En 1955 desenvolveuse o método de difusión que é máis perfecto. O método máis preciso para o control dos perfís de impurezas é o de implantación iónica.
-
v pron
Inxerir substancias con efectos estimulantes ou narcóticos para aumentar o rendemento físico.
Ex: Retirárono da competición por doparse para superar as probas.
Palabras veciñas
dopado -da | dopador -ra | dopamina | dopar | dopaxe | Dopazo | Dopazo Gontade, ManuelIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dopo
dopas
dopa
dopamos
dopades
dopan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dopaba
dopabas
dopaba
dopabamos
dopabades
dopaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dopei
dopaches
dopou
dopamos
dopastes
doparon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dopara
doparas
dopara
doparamos
doparades
doparan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles doparei
doparás
dopará
doparemos
doparedes
doparán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles doparía
doparías
doparía
dopariamos
dopariades
doparían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dope
dopes
dope
dopemos
dopedes
dopen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dopase
dopases
dopase
dopasemos
dopasedes
dopasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dopar
dopares
dopar
doparmos
dopardes
doparen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
dopa
-
-
dopade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dopar
dopares
dopar
doparmos
dopardes
doparen
dopada
dopados
dopadas