Dorado Montero, Pedro

Dorado Montero, Pedro

Xurista, catedrático e escritor. Durante a súa estadía en Boloña entrou en contacto coa escola positivista italiana. De regreso a España, foi catedrático de Dereito Político e Administrativo en­ Granada e de Dereito Penal en Salamanca. Precursor ideolóxico do grupo Defensa Social, avogaba por un sistema penal máis preventivo ca sancionador e pola reinserción social do delincuente. Escribiu, entre outras obras, La antropología criminal en Italia (1890), Bases para un nuevo derecho penal (1902) e El derecho protector de los criminales (1916).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Navacarros

  • Deceso

    Lugar : Salamanca