Dorfles, Gillo
Dorfles, Gillo
Crítico de arte e filósofo italiano. En 1948 fundou, con B. Munari e A. Solati, o Movimento pro Arte Concreta (MAC) e en 1955 presentou, con M. Zanuso, unha exposición sobre deseño industrial italiano en Londres. Foi profesor de estética na Universidade de Milán dende 1956. Colaborou coas revistas Casabella, Nueva Visión, Art d’Aujourd’hui e The Studio. Entre as súas obras destacan as monografías Bosch (1953) e Dürer (1958), e varios ensaios, entre os que sobresaen, Il devenire delle arti (O devir da arte, 1959), Ultime tendenze nell’arte d’oggi (Últimas tendencias na arte de hoxe, 1961), Senso e insensatezza nell’arte d’oggi (Sentido e insensatez na arte de hoxe, 1971) e L’intervallo perduto (O intervalo perdido, 1980).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Trieste