Dorigny
Dorigny
Familia de pintores e gravadores franceses. Michel Dorigny (Saint-Quentin 1617 - París 1685), foi discípulo de Vouet. Traballou na decoración do castelo de Vincennes e gravou obras, entre outros, de Poussin. O seu fillo, Louis Dorigny (París 1654 - Verona 1742), formouse tamén con Le Brun e traballou fundamentalmente en Italia. Entre as súas obras destaca a cúpula de Santa María a Maior de Trento. O seu irmán Nicolas Dorigny (París 1657 - 1746), traballou en Inglaterra, onde gravou os cartóns de Rafaello para Hampton Court.