Doronicum
Doronicum
[PLANTA]
Xénero de herbáceas perennes, da familia das asteráceas, de ata 1 m de altura, con follas basais pecioladas e ovadas e follas caulinas sésiles e lanceoladas. Os capítulos, as máis das veces solitarios, de entre 3 e 6 cm de diámetro, están formados por un receptáculo convexo e flores amarelas, das que as marxinais son liguladas. Os froitos son aquenios oblongos, con costelas, e presentan pelos longos. En Galicia están presentes as especies: D. carpetanum, en pastos e rochedos de montaña da metade oriental do país; e D. plantagineum, propia de bosques, pastos e matos.