Dörpfeld, Wilhelm

Dörpfeld, Wilhelm

Arqueólogo e arquitecto alemán. Estudiou arquitectura en Berlín e participou nas escavacións de Olimpia (1877-1881). Asistente de H. Schliemann en Troia (1879), trala súa morte reanudou as escavacións en 1893. Recoñeceu a existencia de nove cidades e identificou Troia VI coa descrita na Ilíada de Homero. Escribiu, entre outras obras, Troja und Ilion (Troia e Ilión, 1902) e Alt-Olympia (Olimpia antiga, 1935).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barmen

  • Deceso

    Lugar : Leucadia