Dotras Lamberti, Francisco Leopoldo

Dotras Lamberti, Francisco Leopoldo

Pintor e enxeñeiro. Realizou estudios de enxeñería técnica mecánica. No eido da pintura foi discípulo de Maximiliano Vidales Espinosa e Arturo Fernández Cersa. Estudiou na Escola de Traballo de Vigo (1939-1941) onde aprendeu as técnicas da augada e do lavado. En 1975 asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña baixo a dirección de Francisco Creo, Mariano García Patiño e Xosé Luís Rodríguez Sánchez. Traballou o óleo e a acuarela e cultivou a paisaxe. Realizou unha exposición na Alianza Francesa da Coruña (1978) e participou nunha colectiva celebrada no concello da Coruña (1984) e na sala municipal do 11º Arrondisement en París (1986). Acadou o primeiro premio do Concurso Infantil de Debuxo e Pintura da Sociedad de Amigos del Arte de Vigo (1930-1931). Foi presidente do consello de administración de ALUFLET, conselleiro delegado de Ponte Naya, vicepresidente do Banco del Noroeste, cónsul honorario de Francia na Coruña e decano do corpo consular da Coruña. Foi membro do Club de Leones, membro de honra do Instituto Rembrandt (Bélxica), membro de honra da Asociación Mewlíen Jones International (EE UU) e socio de mérito do Colegio de Ingenieros Técnicos de España. Recibiu o título de cabaleiro da Orde do Mérito Civil e de oficial do Mérito Naval da República Francesa.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo