Douglas
Douglas
Capital da illa de Man, Reino Unido (23.487 h [1996]). As industrias metalúrxica e farmacéutica son as bases principais da súa economía. Tamén é unha destacada estación balnearia. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo Mona (1804) e a torre do Refuge (1832).