Doumer, Joseph-Athanase

Doumer, Joseph-Athanase

Político francés. Coñecido como Paul Doumer, foi deputado polo departamento de Yonne (1889) e accedeu ao ministerio de Finanzas no goberno de Léon Bourgeois (1895). Nomeado gobernador xeral de Indochina (1897-1902), no seu mandato estableceu a estrutura administrativa da colonia e obrigou a poboación local ao pago de impostos. Reincorporouse á política activa como deputado dende 1902 e accedeu ao Senado en representación de Córsega (1912). Ministro de Finanzas nos gabinetes de Aristide Briand (1921-1922; 1925-1926), foi presidente do Senado (1927-1931). O 6 de maio de 1931 foi designado presidente da República. Morreu asasinado polo anarquista ruso Pavel Gorgulov.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Aurillac

  • Deceso

    Lugar : París